volver a feminajes

volver a feminajes
volver a feminajes

domingo, 22 de febrero de 2015

II Congreso Xénero, Museos e Arte | II Congreso Género, Museos y Arte 

II CONGRESO XÉNERO, MUSEOS, ARTE E MIGRACIÓN
6-7-8 marzo 2015 – Rede Museística Provincial de Lugo
Nos días 11,12 e 13 de outubro de 2013 realizouse, no marco da Rede Museística Provincial o I Congreso Xénero, Museos e Arte. O rotundo éxito acadado, con numerosas acreditacións e comunicacións presentadas, o amplo seguimento a través das redes sociais, pero sobre todo o convencemento no labor de compromiso social que a Rede Museística vén desenvolvendo, impúlsannos a levar a cabo este segundo congreso, no que se engade, como piar necesario, a Migración.

Tras comezar coa exposición na pasada edición, dos estudos de xénero, estimulados polo movemento feminista, moi activo desde o último terzo do século XX, nesta ocasión propoñemos liñas de traballo en torno á presenza da muller nos museos e coleccións, dirixindo e participando de proxectos artísticos, así como afondando nos aspectos de xénero que aparecen nas migracións e a súa interculturalidade.